SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO FELICITA Á SOBERINA SARA MÉNDEZ, GAÑADORA DO CONCURSO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DO ROYAL COLLEGE OF MUSIC DE LONDRES



O Goberno local do Concello de Sober felicita a Sara Méndez, natural de Proendos, quen vén de gañar o concurso de música contemporánea do Royal College of Music de Londres.
 
Na actualidade a soberina, integrante da Banda de Música local, está a cursar un máster en Performance no conservatorio do Royal College of Music, becada polos Big Give Awards. O seu mestre é Martin Robertson.
 
Sara Méndez recoñece que se trata dunha satisfacción persoal recibir este recoñecemento no conservatorio londinense. “Sempre é unha motivación que se recoñeza o traballo que facemos”, engade.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, agradece poder contar na Banda de Música local cunha integrante da súa talla musical, “unha saxofonista extraordinaria que xa ten ofrecido concertos en Sober e que leva o nome do Concello polo mundo adiante”, resume.
 
Traxectoria
Méndez, nacida en Sober en 1993, cursou estudos superiores na Aula Internacional de Saxofón do Conservatorio das Illas Baleares, un dos centros máis prestixiosos  desta disciplina. En Palma estudou con Rodrigo Vila e David Brutti.
 
En 2014, coas Xuventudes Musicais de Sober, ofreceu un emotivo concerto na Igrexa de Proendos. Na actualidade cursa un máster de performance no Royal College of Music e fará o recital de fin de máster o día 28 deste mes.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com