SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ‘MES DO AMANDI’ TRAE A SOBER O RECITAL DE PIANO A CATRO MANS DE PABLO RODRÍGUEZ E YOLANDA REPRESAS



O Goberno local e a Xuventudes Musicais de Sober organizan o recital de piano a catro mans que van ofrecer Pablo Rodríguez e Yolanda Represas con motivo do ‘Mes do Amandi’. O concerto, que terá lugar o sábado día 17 no Centro Sociocultural ás 20:00 horas, forma parte tamén da Primavera Musical. A entrada é gratuíta.
 
Pablo Rodríguez (piano)
Con raíces familiares en Amandi-Sober, estudou piano e música de cámara en Vigo con Enrique Goberna e Concepción Rodríguez, e na ESMAE de Oporto con Luís Filipe Sá, onde obtivo o Premio Fin de Carreira en 2008. Expandiu estes estudos durante dous anos na Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares con Josep Colom. Completou a súa formación cos pianistas Almudena Cano, Eulalia Solé, Luiz de Moura, Peter Bithell, Boris Berman, etc. Estudou Enxeñaría Industrial na Universidade de Vigo, institución na que actualmente desenvolve unha tese de doutoramento sobre o mito de Don Juan dentro do programa de doutoramento en Estudos Literarios. Realiza unha intensa actividade como pianista acompañante en España e Portugal. É profesor de piano e piano acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
 
Yolanda Represas (piano)
Natural de Ponteareas e nada no seo dunha familia de tradición musical, realiza os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de música de Vigo cos profesores So Young Moon e Nicasio Gradaille, rematando o Grao Superior de Piano coas máximas cualificacións. Realizou cursos de perfeccionamento cos pianistas Domenico Codispoti, Laszlo Gyimesy, Eulalia Solé, Luiz de Moura, Almudena Cano, etc. Ademais realizou estudos na ESMAE de Oporto con Luis Filipe Sá. Foi profesora no Conservatorio “Reveriano Soutullo” de Ponteareas, no Conservatorio Profesional de Música de Ourense e dende o 2006 desenvolve o seu labor docente no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
 
Programa  
Sonata en fa maior, KV497 (1786)      Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
Adagio-Allegro di molto
Andante
Allegro
        
Allegro en la menor (Lebensstürme), D 947 (1828) F. Schubert (1797-1828)
 
Fantasía en fa menor, D 940 (1828), Franz Schubert
Allegro molto moderato           
Largo
Allegro vivace               
Tempo primo
 
Suite “Dolly” (1896), Gabriel Fauré (1845-1924)
                  
Berceuse (Canción de berce)
Mi-a-ou
Le jardin de Dolly (O xardín de Dolly)
Kitty valse (O valse do gatiño)
Tendresse (Tenrura)
Le pas espagnol (Danza española)
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com