SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ‘MES DO AMANDI’ ACHEGA A SOBER O CONCERTO DO CUARTETO DE SAXOFÓNS ‘KEBYART ENSEMBLE’



Os actos previos á XXXVIII Feira do Viño de Amandi achegan a Sober o concerto do cuarteto de saxofóns Kebyart Ensemble, no marco das actividades do ‘Mes do Amandi’. O concerto, de entrada libre, será o sábado día 10 de marzo ás 20:00 horas no Centro Sociocultural.
 
A actuación forma parte ademais da Primavera Musical organizada polas Xuventudes Musicais de Sober e o Goberno local.
 
O cuarteto
O cuarteto está formado por Pere Méndez, saxo soprano; Víctor Serra, saxo alto; Robert Seara, saxo tenor e Daniel Miguel, saxo barítono.
 
O programa Quartett de Kebyart Ensemble é unha mirada a diferentes períodos e estéticas da historia da música a través do cuarteto de saxofóns. Nel interprétanse non só obras orixinais, senón tamén transcricións doutras formacións realizadas por eles mesmos e que poñen de manifesto a enorme versatilidade do grupo.
 
 "Un cuarteto non só sincronizado ata o extremo e en plena forma interpretativa, senón tamén uns músicos capaces de traspasar a perfección técnica para chegar a comunicación musical" (Revista Musical Catalana).
 
Creado na ESMUC en 2014, o Kebyart Ensemble formouse con Nacho Gascón, Kennedy Moretti, o Cuarteto Casals, Vincent David, Jordi Francés, David Albet, Albert Julià e o Ensemble Squillante. Inspirados na riqueza tímbrica, rítmica e estilística da música tradicional de Indonesia deciden unir as palabras kebyar+art, sendo o Gamelan Gong Kebyar un dos conxuntos instrumentais da illa de Bali. Son os actuais gañadores do ciclo El Primer Palau.
 
En 2016 tamén foron premiados co prestixioso Premi de Música Cambra Montserrat Alavedra-Premio BBVA de Música. Anteriormente recibiron o primeiro premio no X Concurso Internacional de Música de Cámara Higini Anglès. En 2017 realizaron unha xira por Rusia, proximamente actuarán en múltiples salas de Cataluña e gravarán seu primeiro traballo discográfico. Están programados na próxima tempada do Palau da Música Catalana e do Auditori de Barcelona e no estranxeiro.
 
Programa
J. Haydn: Quartet Op. 76 Nº 1 en Sol Mayor
J. Magrané: Estris de llum (Estreno. Obra dedicada al Kebyart Ensemble)
A. Glazunov: Quatuor pour Saxophones en Si bemol Mayor Op. 109
C. Debussy: Suite Children's Corner
B. Bartók: Transylvanian dances


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com