SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIA AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DE CAMIÑOS RURAIS



O Goberno local do Concello de Sober informa da posta en marcha das obras de acondicionamento de camiños correspondentes ao Plan Marco de Camiños Rurais das anualidades 2017-2018. As obras contan cun orzamento de 87.000 euros por cada anualidade, dos cales a Consellería de Medio Rural achega 70.000 e o Concello a contía restante.
 
Con cargo a este proxecto faranse obras de accesos a Sistín do Mato desde Canaval; os accesos a Casar de Cima dende o Cruceiro de Lobios; o remate dos accesos a Mourentán desde O Cadaval -en Doade- e os accesos a O Taro e Suairexa de Figueiroá dende Santa Marta.
 
Desde o Concello avanzan que nos próximos días sairá a licitación o Plan Marco de 2018, que achegará a Sober un importe de 87.000 euros, que se van destinar aos accesos a Francos e Sansillao en Proendos; a estrada dende Villoriz e O Taro de Bolmente ata Camilo e Arxemil; a estrada dende Naz por Fondo de Vila a Lama dos Campos en Rosende e os accesos dende Outeiro (Proendos) á estrada Sober-Doade.
 
Está previsto tamén executar a mellora con aglomerado da estrada que une Vilanova en Gundivós con Neiras, cuxo orzamento ascende a 60.000 euros. A obra será financiada pola Consellería do Medio Rural.
 
50.000 euros de fondos municipais
Pola súa parte o Concello de Sober ten previsto executar con fondos propios actuacións por máis de 50.000 euros que inclúen, entre outras, as melloras dos accesos en A Pena de Gundivós, a estrada de Cantón a Igrexa de Amandi, os accesos A Lampaza en Doade, Camporrairo en Canaval, Sanmil en Brosmos, A Boca en San Martiño de Anllo e o camiño de Moreda a Pena de Miro en Vilaescura. Tamén se farán os accesos a Hortás, en Anllo Santo Estevo; Sanxis en Brosmos; e As Moreiras en Amandi.
 
Mellora de rúas na capitalidade
Ao mesmo tempo saíron a licitación as obras para o arranxo de dúas rúas de circunvalación da capitalidade municipal que,  segundo apunta o alcalde, Luis Fernández Guitián, se consideran moi necesarias pola súa función de circunvalación.  Trátase da Travesía de Belán, que comunica a estrada de Sober a Canaval coa estrada de Sober a Lama dos Campos; e a Rúa do Colexio, que comunica a estrada de Gundivós coa Rúa da Mina. En ambos os casos, as rúas serán melloradas con aglomerado e procederase á sinalización vertical e horizontal. Estas obras contan cun orzamento de 75.000 euros e son financiadas pola Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com