NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONVOCA O CERTAME DE COPLAS DE ENTROIDO 2018



O Concello de Sober vén de convocar o certame de coplas de entroido 2018. Tal e como recollen as bases, publicadas na web oficial do Concello, poderá participar neste certame calquera persoa ou grupo, independentemente da súa idade.
 
A finalidade deste certame é que se poña de manifesto, de xeito crítico e humorístico, os feitos sucedidos durante o ano.
 
As coplas irán representadas en estrofas en verso e o contido debe ter unha boa carga crítica, pero sempre dentro do respecto. Os traballos terán que facer referencia a acontecementos de actualidade, principalmente relacionados con Sober e coa Ribeira Sacra.
 
30 de xaneiro
O prazo de presentación rematará o martes 30 de xaneiro. Os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Pública Municipal de Sober ou no Concello de Sober.
 
Haberá premios para os tres mellores traballos valorados en  200 euros, 100 euros e 50 euros respectivamente.
 
A entrega de premios farase o o sábado 10 de febreiro no pavillón do CEIP Virxe do Carme durante o XII Baile da Cachucha. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases. A decisión do xurado é inapelable.

 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com