SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIA SEIS EXPEDIENTES SANCIONADORES TRAS DETECTAR UN MAL USO DO PUNTO LIMPO MUNICIPAL



O Goberno local do Concello de Sober vén de iniciar seis expedientes sancionadores tras detectar un mal uso do punto limpo municipal. O equipo de Goberno toma esta decisión debido aos constantes usos indebidos do punto limpo, polo que inicia os expedientes sancionadores de acordo coa ordenanza municipal que regula este espazo.
 
Para levar a cabo este labor o recito conta con cámaras de vixilancia autorizadas. Así mesmo, a Garda Civil e a Policía Autonómica están a colaborar co Concello para dar cumprimento á Lei de Residuos e á ordenanza municipal que rexe o punto limpo.
 
O Goberno local recorda que o punto limpo municipal só pode ser usado por particulares veciños do municipio de Sober. Ademais, os industriais contan cun espazo habilitado para eles no Concello de Monforte. Así, a instalación non pode ser usada por ningún tipo de industrial nin tampouco por veciños de outros concellos.
 
Desde o Concello de Sober precisan ademais que existe un horario de obrigado cumprimento e advirten que as multas por incumprimento da ordenanza poden ser leves, graves ou moi graves, polo que as sancións van desde os 750 aos 3.000 euros.
 
As multas están derivadas dun uso indebido, como por exemplo deixar residuos fóra do recinto, depositar residuos industriais ou depositar residuos non aceptados como neumáticos, lixo orgánico ou uralita, entre outros.      

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com