SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO RECOÑECE MAÑÁ A FIGURA DO EX DIRECTOR DA BANDA DE MÚSICA DE SOBER ANTONIO PÉREZ GARCÍA ‘O REI’ CON MOTIVO DA PRIMEIRA VISITA DO SEU FILLO A GALICIA



O Goberno local do Concello de Sober recibe mañá ás doce no Salón de Plenos a Alejandro Rodríguez González, fillo do ex rexedor e antigo director da Banda de Música de Sober Antonio Pérez García, coñecido como ‘O Rei’. O alcalde, Luis Fernández Guitián, estará acompañado polos voceiros do PSOE e Agroma Sober co propósito de facerlle un recoñecemento a esta destacada figura da localidade aproveitando a primeira visita a España do seu fillo.
 
Alejandro Rodríguez é un cubano fillo de soberinos de 81 anos que visita por primeira vez a terra de seus pais grazas ao programa Reencontros da Xunta de Galicia.
 
Seu pai foi director da Banda de Música de Sober e tamén alcalde, antes de marchar a Cuba disfrazado de cura en agosto do ano 36. Unha vez instalado en Cuba a súa muller e os seus dous fillos emigraron con el. En Cuba mudou os seus apelidos polos de Rodríguez Álvarez.
 
Alí naceu o seu terceiro fillo, Alejandro, que mañá visita Sober, onde pasará uns días antes de volver a Cuba. No acto estará acompañado de varios familiares que seguen residindo en Sober cos que se hospedará nesta primeira visita á terra dos seus pais.
 
‘O Rei’ chegou a ser un recoñecido musico e compositor. O Concello fai con esta recepción un humilde acto de homenaxe e recoñecemento.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com