|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER REMATA OS TRABALLOS DE MELLORA DOS ACCESOS AO LUGAR DA BARCA
O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar os traballos de mellora dos accesos ao lugar da Barca. Grazas a esta actuación os veciños e veciñas poderán acceder ás súas vivendas de maneira máis doada e segura, ao igual que os visitantes que deciden achegarse á zona, unha das máis espectaculares do municipio.
Nas últimas semanas leváronse a cabo importantes traballos de consolidación dos camiños de acceso e interiores dos dous barrios habitados deste lugar emblemático pertencente á parroquia de Anllo Santo Estevo.
En concreto, o Goberno local destinou 25.000 euros á mellora de camiños neste lugar situado na desembocadura do Cabe no Río Sil, con beneficios directos para os veciños e veciñas e para os turistas.
O alcalde, Luis Fernández Guitián, reafirma o compromiso do seu Goberno coa mellora das parroquias e do rural. Así, séguense a facer obras de mellora de camiños e vías de titularidade municipal, amais dos desbroces das pistas que comezaron hai un par de semanas e que seguen a bo ritmo.
|
|
|
|
|
|