SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A FADISTA MARÍA DO CEO PRESENTA O SEU NOVO DISCO O SÁBADO DÍA 17 EN SOBER



O Goberno local do Concello organizou unha tarde cultural para o vindeiro 17 de xuño. Ás 18:30 horas a fadista María do Ceo presentará o seu novo disco co que pretende achegar a lingua galega, a música tradicional e a poesía aos nenos e nenas. A entrada será gratuíta. De seguido, ás 20:30 horas, o grupo de teatro de maiores da Escola Municipal de Teatro de Sober representará a obra de fin de curso.
 
Tras a presentación en Santiago, será o segundo concerto que a fadista ofrece con este novo traballo. O volume, composto por 12 cancións, está destinado a nenos desde recén nados --inclúe unha nana-- ata os 12 anos.
 
A artista portuguesa e galega de adopción explicou na presentación do disco que este novo traballo contén tamén "sorpresas" para o público adulto e puxo de relevancia o carácter "didáctico" das súas letras.
 
Nas diferentes pezas que compoñen o traballo, musicadas por María do Ceo, fálase de temas como a emigración, a desigualdade ou as diferentes características de Galicia, tomando como referencia iconas da cultura galega como 'A Galiña Azul', de Carlos Casares, ou tres poemas de Xosé Neira Vilas.
 
Ilustrado con debuxos infantís, os máis pequenos convértense en absolutos "protagonistas" deste traballo.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com