|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER LAMENTA O FALECEMENTO DO EMPRESARIO BELARMINO FERNÁNDEZ IGLESIAS
O Goberno local do Concello de Sober amosa as súas condolencias polo recente falecemento do empresario Belarmino Fernández Iglesias, nacido na parroquia de Rosende no ano 1931. O alcalde, Luis Fernández Guitián, trasládalle a toda a familia e a amigos e coñecidos do finado o seu máis sentido pésame.
O rexedor soberino recorda que Belarmino era un veciño moi querido e apreciado en Sober, “un emprendedor nato, que con só 20 anos emigrou a Brasil para buscarse a vida coa súa paixón, a hostalería, e alí fundou un imperio que se estendeu por varios países”.
O alcalde salientou ademais que “grazas a Belarmino contamos no noso Concello coa exitosa Escola da Fundación que leva o seu nome”.
Guitián puxo de relevo que pese ao seu grande éxito en numerosos países polo seu impecable traballo, nunca esqueceu a súa terra natal, en Rosende, a onde regresaba sempre que podía. “Estamos moi orgullosos de todo o que este veciño fixo polo noso Concello e estarémoslle eternamente agradecidos. É unha grande perda para o noso municipio”, apuntou o alcalde soberino.
|
|
|
|
|
|