SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
MIGUEL VALLÉS, SAXOFÓN, E FRANCISCO RICO, PIANO, OFRECEN O SÁBADO UN CONCERTO NO MARCO DA PRIMAVERA MUSICAL



O Goberno local do Concello de Sober e as Xuventudes Musicais de Sober organizan para este sábado, día 3 de xuño, o concerto de Miguel Vallés, saxofón, e Francisco Rico, Piano. A actuación será o no Centro Sociocultural de Sober ás 19:00 horas.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar neste concerto “de gran nivel” que forma parte do ciclo  Primavera Musical 2017.
 
Miguel Vallés, Saxofón
Nace en 1993, inicia os estudos musicais aos 4 anos na Cooperativa de Música Vivaldi en Castellón, ao tempo que forma parte da Escola de Música de La Jana (Castellón). Comeza co saxofón co profesor Desi Tolós e logo con Jordi Sabater. Continúa no Conservatorio Profesional Mestre Tárrega de Castellón, con Ramón Juan. Finaliza o Grao Profesional no Conservatorio de Terrassa con Albert Juliá, con que estudia o Grao Superior no Conservatori Liceu de Barcelona. Hoxe realiza un Máster en Interpretación na Hochschule für Musik und Tanz en Colonia con Daniel Gauthier.
 
Recibe clases maxistrais de Jean-Yves Fourmeau, Lars Mlekusch, David Brutti, Rodrigo Vila, Nicolas Prost, Vincent David, Arno Bornkamp,Kenneth Tse e Daniel Gauthier.
 
Como solista, gaña o primeiro "Concurso de Solistas" do Conservatorio de Terrassa (2012), finalista na XVII edición do concurso de L'Arjau, con mención de honra do xurado e premio do público (2012). Obtivo a beca "Jóvenes Promesas" (2012-2013) e beca de "Excelencia Académica" (2015-2016) da Fundación Ferrer-Salat. Gaña o primeiro premio no Concurso de solistas do Liceu "Sax Festival" (2014) ademais do primeiro premio no concurso Juventudes Musicales de España (2015) e os premios á mellor interpretación contemporánea e mellor intérprete de vento-madeira no 14º Certamen Internacional Intercentros Melómano (2015). Recentemente gañou o primeiro premio no Concurso Internacional de Música de "les Corts" como membro do duo Vallés-Vera (2016). Gaña tamén o primeiro premio no Concurso Internacional de Saxofón "Vitor Santos" durante o Festival Internacional de Saxofón de Palmela (2016) e recibe unha beca por parte da Fundación Agustí Pedro i Pons(2017).
 
É destacable o seu papel como membro fundador do cuarteto Heli, con importantes premios, como o Primeiro premio no Concurso de Interpretación Musical e Composición de Girona (2013), Primeiro Premio no IX Concurso "Cambra de Barcelona" (2014), Primeiro Premio no Concurso de Música de Cámara XII "Ecoparque de Trasmiera" (2014), finalistas no XV Concurso Internacional "Música Papel de Capellades" (2014), Primeiro Premio no VI Concurso de Música de Cámara de Alzira (2015)e el Segundo Premio no Concurso Internacional da Música Corts XI (2015) entre outros. O cuarteto tamén foi invitado a varios festivais como "Saxòfons a la Tardor" (Mallorca, 2013), el Liceu Sax Festival (2014),Mallorca Saxofón VII Festival (2015) ou o ciclo de Concertos de Peratallada (2015).
 
Francisco Benjamín Rico Aguilar, Piano
Comeza a estudar piano aos 8 anos no conservatorio de Osuna, preto da súa localidade natal (El Rubio, Sevilla). Realiza o grao medio no Conservatorio Profesional Francisco Guerrero (Sevilla), finalizando co profesor José Antonio Coso con Premio honorífico en Composición e Mención de Honra en Piano.
 
No 2013 comeza os estudios superiores de música no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Pilar Bilbao, e en 2014 comeza ademais Composición con Teresa Catalán.
 
Entre outros méritos destacan:
Gañador da beca Tras la Huella de Magallanes, do Museo de las Reales Atarazanas de Sevilla pola composición e interpretación da obra La Ruta del Yagán (2012-2013).
Forma parte da Trent Chamber Academy Orchestra (Newark on Trent - UK)  no 2015. Segundo Premio no III Concurso Internacional de Piano Ciudad de Sevilla Julio García Casas (2016). Actúa como pianista solista na 7ª edición do Festival Internacional de Piano FIP Guadalquivir (2016).
Terceiro Premio no V Concurso Internacional de Piano Rotary Vila de Xábia (2017)
 
Recibe clases de célebres pianistas como Vsevolod Dvorkin, Ana Guijarro,  Enrique Bagaría, Miroslav Kultyshev ou Ramon Coll. Fixo recitais por diversos puntos de España e Reino Unido, destacando salas como o Auditorio 400, a residencia de estudiantes de Madrid ou o Teatro Afundación de Vigo.
 
Programa
Jules Demersseman, Fantaisie sur un thème original Op.32.
Fernande Decruck, Sonata en Do# menor para saxofón Alto e Piano.
Roger Boutry, Divertimento para saxofón Alto e Piano.
 
Alfred Desenclos, Prelude, Cadence et Finale .
Paule Maurice, Tableaux de provence .
Pierre Sancan, Lamento et Rondó para saxofón Alto e Piano.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com