SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CELEBRA O 13 DE MAIO A XVIII EDICIÓN DA FESTA DOS AVÓS



O Goberno local do Concello de Sober celebra o sábado 13 de maio a XVIII Festa dos Avós. Como todos os anos o ágape terá lugar no Pavillón CEIP Virxe do Carme a partir das 13:30 horas e prolongarase durante toda a tarde.
 
A celebración inclúe unha misa, unha comida, unha actuación musical e o sorteo de numerosos agasallos cedidos polos comercios da Comarca. O prezo das entradas será de 10 euros para empadroados e 20 para os non empadroados.
 
O menú estará composto por empanada, polbo, carne asada con patacas, sobremesas, cafés e bebidas. Ademais o xantar estará regado con viño de Amandi.
 
Os interesados e interesadas terán que confirmar asistencia antes do 11 de maio nos teléfonos 982460001 e 982460513. Tamén se poden anotar no Concello.
 
O Concello habilitará vaias liñas de autobuses
 
O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, puxo en valor a celebración desta festa “que ten unha gran tradición no noso Concello e congrega cada ano a un gran número de asistentes”. Guitián precisou que esta festividade “pretende ser unha homenaxe aos nosos maiores”.
 
O rexedor tamén avanzou que para facilitar o acceso ao ágape dos asistentes poranse en funcionamento varias liñas de autobuses que farán as paradas necesarias no percorrido e volverán ao remate da festa.
 
Os horarios e percorrido dos autocares será o seguinte:
 
12:00 horas. Francos de Doade-Ceceda-Mourentán
12:15 horas. Santa Cruz-Campo de Bulso-Sante
12:30 horas. Gundivós-Liñarán
12:45 horas. Campoverde-Castro de Liñarán-Castroseiros-Viloudriz-Neiras-Vacariza e Telleiros
 
 
12:15 horas. Doade-Vilachá
12:20 horas. Amandi-Lobios
12:25 horas. Pinol
12:30 horas. Cruce de Santiorxo-Barreiros-Barantes
12:45 horas. Pinar de Bolmente-Bolmente-Santa Marta-Figueroá
12:50 horas. Carqueixa e Proendos
 
 
12:15 horas. Cruce de Naz-Peixón
12:20 horas. Ferroños-Matamá
12:25 horas. Arxemil
12:30 horas. Anllo-Portizó
12:35 horas. Lama dos Campos-Rosende
12:45 horas. Vilaescura-Moreda-Moradela
12:55 horas. Canaval-Camporrairo-Sistindomato
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com