SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER RENOVA CON TECNOLOXÍA LED O ALUMEADO DE 12 POBOS DA PARROQUIA DE GUNDIVÓS



O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar as actuacións de renovación do alumeado en 12 pobos da parroquia de Gundivós. A obra, que consistiu na instalación de luminarias Led de última xeración con moi baixa contaminación lumínica e moi boa luminosidade, foi financiada con cargo a unha axuda de 35.000 euros do Plan de Aforro Enerxético da Deputación Provincial de Lugo.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, sinalou que “os lugares nos que se acometeron obras con este Plan nas últimas semanas foron: Recimil, Santa Mariña, Gundivós O Vello, Vilanova, Santadriao, Sas, A Sobreira, A Airexa, Seoane, Penelas, A Pena de Gundivós e A Lama de Liñarán. Todos eles pertencentes á parroquia soberina de Gundivós”.
 
Guitián puxo de manifesto a importancia destas actuacións e precisou que “con estes traballos renováronse en torno a 90 luminarias”. O rexedor engadiu que “todas as obras de mellora de alumeados públicos que acomete o Concello traen consigo, ademais da renovación das vellas luminarias por unhas de última xeración de baixo consumo, a retirada de moitos postes duplicados coa correspondente mellora estética da zona”.
 
O alcalde salientou que “estas actuacións implican un importante aforro  diario no consumo de enerxía eléctrica, debido á unificación dos cadros e á eficiencia enerxética dos novos equipos”. 
 
En 4 anos renováronse o 85% das luminarias do Concello
Fernández Guitián destacou tamén que nos últimos 4 anos o Goberno local renovou en torno ao 85 por cento dos puntos de luz do Concello con tecnoloxía Led ou aloxenuro metálico.
 
O rexedor recordou que, sen ir máis lonxe, “o ano pasado o Concello mellorou a iluminación de 9 pobos da parroquia de Pinol, o núcleo de Doade, Fontemaior (Lobios), Mer e Froxán en Proendos ou Sistín do Mato e Camporrairo en Canabal”.
 
Guitián avanzou ademais que “para este 2017 temos previsto continuar con traballos similares en outros lugares do Concello”.  
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com