SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONVOCA O III CERTAME DE DEBUXO INFANTIL, ENMARCADO DENTRO DO MES DO AMANDI



O Goberno local do Concello de Sober vén de convocar o III certame de debuxo infantil enmarcado no Mes do Amandi. O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián avanzou que este concurso “ten como finalidade elaborar un adhesivo co debuxo gañador e está aberto a todos os centros de ensino primario da Comarca de Lemos”.
 
Destinatarios
Guitián apuntou que poden participar todos os nenos e nenas, con idades comprendidas entre 6 e 12 anos, dos centros de ensino da comarca da Terra de Lemos. Os debuxos  deberán presentarse sobre cartolina cun tamaño aproximado DIN A4, e deben versar sobre o tema ‘o cultivo da vide na Ribeira Sacra’.
 
O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro día 24 de marzo, debendo ser entregados na Biblioteca Pública do Concello de Sober.
 
Un único gañador
O certame terá un único traballo gañador que elixirá un xurado formado por persoas entendidas na materia. O debuxo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Sober, que se reserva o dereito de publicación do mesmo.
 
O premio estará valorado en 150 euros, e a entrega do mesmo terá lugar o día 31 de marzo no Centro Sociocultural de Sober ás 12:00 horas.
 
O rexedor animou a todos os nenos e nenas de Sober e do resto de municipios da Ribeira Sacra a participar neste concurso que “pretende que os máis pequenos se empapen das nosas tradicións e colaboren coa celebración da Feira do Viño de Amandi”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com