SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A CANTANTE E VIOLONCHELISTA ROSA CEDRÓN SERÁ A PREGOEIRA DA XXXVII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Goberno local do Concello de Sober vén de facer público o nome da persoa que se encargará de pronunciar o pregón inaugural da XXXVII Feira do Viño de Amandi, que este ano se celebrará os días 8 e 9 de abril. Así, a cantante e intérprete de violonchelo Rosa Cedrón será a pregoeira deste ano, sucedendo no posto á presentadora Silvia Jato.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, agradece “a implicación e boa disposición por colaborar coa nosa Feira desta recoñecida violonchelista de orixe monfortina, que está moi vinculada ás costumes da nosa comarca por ter nacido aquí”.
 
O rexedor considera a Cedrón como “unha das embaixadoras musicais da Ribeira Sacra” por ser unha persoa que foi levando a súa arte e as súas raíces por toda España e internacionalmente en cidades tan importantes como Nova York, Toulouse ou Bos Aires.

Guitián amosouse moi orgulloso de que unha persoa tan coñecida e recoñecida como Cedrón, “que foi a voz durante 9 anos dun grupo tan relevante como Luar na Lubre e colaborou con Mike Olfield, un dos mellores músicos de todos os tempos”, sexa a pregoeira da XXXVII edición da Feira do Viño de Amandi.

O alcalde resaltou ademais a gran calidade como persoa e como artista de Cedrón “que se converteu por méritos propios nunha nova artista para ter en conta no eido do folk e da world music a nivel mundial”.

Amais do pregón do domingo, Rosa Cedrón ofrecerá o sábado na Praza do Concello o concerto ‘estrela’ da XXXVII Feira do Viño de Amandi ás 22:30 horas.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com