SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER REMATA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUNHA ÁREA DE INTERPRETACIÓN EN PROENDOS



O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar as obras de construción dunha área de interpretación en Proendos. Este equipamento foi instalado no cruce da estrada de Doade coa estrada de acceso á Igrexa de Proendos, nun lugar “moi axeitado”, tal e como explica o rexedor, Luis Fernández Guitián. Así, subliña que se atopa preto de varios puntos de petroglifos, da Igrexa románica de Santa María de Proendos, dos restos da cidade romana de Proencia e tamén preto dos accesos ao Canón do Sil.
 
A nova infraestrutura supuxo un investimento de 13.000 euros e contou cunha axuda do 80 por cento da Axencia Galega de Turismo. O 20% foi financiado con fondos municipais.                       
 
Cinco paneis informativos
A área de interpretación conta con cinco paneis informativos sobre a Ribeira Sacra, o Concello de Sober, os petroglifos de Proendos,  a Igrexa Románica de Santa María de Proendos ao que se suma un xenérico no que figuran todos os elementos patrimoniais, naturais e turísticos da parroquia de Proendos.    
 
O alcalde destaca que a función principal deste equipamento cultural “é a de promover un ambiente para a aprendizaxe sobre o lugar, buscando revelar aos visitantes e incluso aos propios veciños e veciñas o significado do legado cultural e históricos dos bens dos que se fala nos paneis informativos”. Neles incorpóranse ademais códigos QR que achegan máis información sobre a zona ás persoas que conten con dispositivos móbiles.
 
O Goberno local decidiu colocar este espazo no lugar que ocupaba un antigo potro de inseminación artificial que levaba 30 anos sen servizo, de xeito que a nova área sirve ademais para mellorar a imaxe dun entorno que se atopaba moi degradado.  
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com