|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER RENOVARÁ CON LEDS DE ÚLTIMA XERACIÓN O ALUMEADO DE DOADE E PINOL
O Goberno local do Concello de Sober renovará con leds de última xeración o alumeado de Doade e Pinol. A día de hoxe preto do 80% dos alumeados do Concello xa foron renovados.
O equipo de Goberno continua así coa renovación integral do alumeado de todas as parroquias do Concello co conseguinte aforro económico, a mínima contaminación lumínica e a máis e mellor luminosidade dos novos equipos.
O INEGA, entidade adscrita a Consellería de Economía e Industria, achega 60.000 dos 75.000 euros do orzamento destinado a esta actuación. En concreto, procederase á renovación dos alumeados de As Gándaras, Chavián, O Campo, Vilariño,Outeiro, Cima de Vila, As Chousas, O Pacio e Pinol de Abaixo na parroquia de Pinol e todos os barrios do núcleo de Doade.
Os traballos consistirán na colocación de novas luminarias de led de última xeración, así como á mellora do cableado e soportes dos puntos de luz. Tamén serán colocados novos cadros con reloxos astronómicos.
As obras serán iniciadas de inmediato e estarán concluídas aproximadamente no prazo de 45 días.
|
|
|
|
|
|