SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER INSTALA UN PUNTO PÚBLICO DE RECARGA DE DISPOSITIVOS MÓBILES



O Goberno local de Sober vén de instalar no Concello un punto público de recarga, totalmente gratuito, para todo tipo de dispositivos electrónicos. Así o anunciou o alcalde, Luis Fernández Guitián, quen precisou que o punto de alimentación permite aos usuarios cargar a batería de teléfonos móbiles, tablets ou calquera outro dispositivo.
 
O rexedor sinalou que “o servizo está emprazado no xardín da praza do Concello do municipio” e recordou que “nesa mesma praza xa contamos dende fai tempo con Wifi gratuito para todos os usuarios e usuarias”. Guitián avanzou tamén que o punto de recarga conta con dous enchufes para todo tipo de aparatos de telefonía móbil e poderá utilizarse as 24 horas do día.
 
Deste xeito Sober convértese nun dos poucos concellos galegos que contan con este tipo de servizo. O alcalde soberino salientou que “dende o Concello estamos sempre á vangarda e con esta nova incorporación queremos facilitar o uso das novas tecnoloxías a toda a veciñanza e tamén aos que nos visitan”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com