SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ‘FALADOIRO DOS LUNS’ DE SOBER INICIA UNHA NOVA TEMPADA O PRÓXIMO DÍA 26



O Faladoiro dos Luns de Sober inicia a súa actividade o vindeiro luns 26, despois das vacacións da época estival. Esta iniciativa, que naceu hai dous anos, chega cargada de actividades para dar comezo a un novo período. A mestra Teresa Grau será a encargada de inaugurar esta tempada cunha clase baseada en exercicios sinxelos nos que ensinará aos asistentes a manter viva a súa vitalidade. Impartirase, como sempre, ás 16:30 horas no Centro Sociocultural do municipio soberino.
 
O Faladoiro dos Luns naceu no ano 2014 na Biblioteca municipal a raíz da proposta dun grupo de persoas adultas dispostas a contar e compartir experiencias propias e sabedoría como un modo de preservar as tradicións. Conformouse como unha actividade sociocultural aberta a todos e todas aqueles que teñan unha habilidade persoal e estean dispostos a compartila para que non se perda.
 
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián anima  a todos os veciños e veciñas da localidade “a que participen nesta iniciativa e compartan as súas destrezas: tales como a calceta, receitas, trucos de reciclaxe, adornos de Nadal, etcétera, nas tardes dos luns”.
 
O Club de Lectura Pintor de Castinade retoma a súa actividade
O Club de Lectura Pintor de Castinande, que xa cumpre nove anos, inicia este mércores unha nova tempada. O colectivo organiza reunións todos os mércores, a partir das sete da tarde, nas que se comentan libros e compártense impresións e recomendacións entre afeccionados á lectura. As actividades desenvólvense na Biblioteca municipal de Sober. Os interesados en formar parte deste colectivo poden informarse na Biblioteca soberina.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com