SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
LUCÍA PÉREZ E FUNÇAO PÚBLICA, PRINCIPAIS ATRACCIÓNS DAS FESTAS DO CARME DE SOBER



A comisión de festas, en colaboración co Goberno local do Concello de Sober, está ultimando estes días o programa do Carme que se celebrará na localidade do 16 ao 19 deste mes de setembro. Deseñouse un cartel moi completo, que contará con multitude de actividades para nenos e adultos. Este ano as dúas grandes atraccións serán a actuación da cantante Lucía Pérez e o espectáculo da mellor orquestra portuguesa: Funçao Pública”.
 
A xornada festiva comezará o venres día 16 ás 21:00 horas coa inauguración do alumeado artístico e o disparo das 16 bombas de palenque na honra ao día da Virxe do Carme, que foi o pasado 16 de xullo. A partir das 22:00 horas o grupo D' Momento será o encargado de amenizar a verbena da noite.
 
O sábado 17 o grupo Ervedo abrirá o día cun pasarrúas a partir das 11:00 horas.  Ás 13:00 celebrarase unha misa solemne na igrexa parroquial de Sober. A continuación a sesión vermú correrá a cargo do grupo folk Garavelo. Xa pola tarde, sobre as 19:00 horas na Praza do Toural, novo circo con Rudi Rudi que porá en escena o espectáculo ‘Rastafarudi’ dedicado aos nenos e nenas. Pola noite, ás 21:30 horas haberá baile coa Orquestra Espectáculo Costa Verde. Arredor das 23:30 horas terá lugar a actuación estelar da artista eurovisiva Lucía Pérez.  
 
O domingo 18 pola mañá a Banda de Música de Sober será a encargada de levar a cabo un pasarrúas enchendo de música todo o municipio. En torno ás 13:00 horas celebrarase a tradicional procesión coa Virxe do Carme que estará acompañada da Banda de Música de Sober, que tamén será a encargada de amenizar a posterior sesión vermú. Pola tarde, sobre as 18:00 horas, disputarase o trofeo de fútbol no campo de Centeás. Xa pola noite, a orquestra Funçao Pública porá o broche de ouro á xornada festiva cunha actuación a partir das 21:30 horas.
 
O último día das festas do Carme de Sober será o luns 19, que comezará xa pola maña coa actuación dun grupo de música tradicional.  Ás 12:30 horas oficiarase unha misa solemne na igrexa parroquial de Sober. A partir das 20:30 horas celebrarase unha gran paellada xigante con acompañamento musical que será gratuíta para todas e todos os asistentes e porá o peche final á festividade.
 
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, convida no seu nome e no da comisión de festas a todos os veciños e veciñas a participar desta festividade, así como a todos os visitantes que se atopen na localidade eses días.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com