SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER



A Escola Municipal de Música de Sober acaba de abrir o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2016/2017. Os interesados e interesadas poderán anotarse ata o vindeiro día 26 de setembro no Centro Sociocultural da localidade, sede da Escola Municipal de Música. Para máis información tamén poden chamar aos números de teléfono 982460513 ou 617551299.  
 
Os alumnos e alumnas que se inscriban poderán aprender e familiarizarse con instrumentos de diversas especialidades da familia de vento-madeira como a frauta traveseira, o clarinete ou o saxofón; de vento metal como o trombón, a trompa ou a tuba e de percusión como a batería, a caixa, o bombo ou os platillos, entre outros. Tamén se impartirán clases de piano ou guitarra.
 
Ademais de este amplo abano de especialidades instrumentais os alumnos e alumnas completarán a súa formación con clases de linguaxe musical e poderán pasar a formar parte da banda xuvenil ou do coro do municipio soberino.
 
A presentación do curso e recollida de horarios levarase a cabo o sábado 1 de outubro ás 12:00 horas no Centro Sociocultural da localidade.
 
O alcalde do Concello soberino, Luis Fernández Guitián, animou a todos os veciños e veciñas da localidade “tanto nenos como adultos” a formar parte da escola de música “que ano tras ano vai medrando, ampliando a súa oferta e consolidándose como un referente na nosa Comarca”.
 
Xoves de Cantos
 
O rexedor recordou tamén que dentro da ampla oferta da Escola de Música de Sober seguiranse celebrando os Xoves de Cantos. Guitián sinalou que se trata “dun grupo de canto para adultos que se xunta todos os xoves ás 18:30 horas no noso Centro Sociocultural e do que xa forman parte unha vintena de persoas que constituíron o primeiro coro do municipio denominado Coro Berea”.
 
O alcalde avanzou que os interesados e interesadas en obter máis información e anotarse poden chamar aos números de teléfono 982460513 ou 617551299. 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com