SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
CADEIRAS CELEBRA A SÚA TRADICIONAL ROMARÍA NA HONRA Á VIRXE DOS REMEDIOS DO 7 AO 9 DE SETEMBRO



O lugar de Cadeiras, ubicado na parroquia soberina de Pinol, celebra a súa tradicional romaría na honra á Virxe dos Remedios do 7 ao 9 de setembro. O Concello de Sober colabora coa organización desta festividade que ano tras ano atrae a centos de fieis.
 
Onte mesmo os veciños e veciñas baixaron a Virxe desde Cadeiras ata a igrexa parroquial. A festa comezará o mércores día 7 en torno ás 20:00 horas coa subida da Virxe dos Remedios ao santuario de Cadeiras, ubicado a máis de 600 metros sobre o nivel do mar, moi preto dos acantilados formados polos Canóns do Sil. A verbena da noite correrá a cargo da orquestra Bohemia.
 
O xoves a xornada iniciarase a partir das 11:00 horas da mañá coa celebración das misas rezadas. En torno ás 13:00 horas oficiarase unha misa solemne con procesión que dará paso ao baile do mediodía amenizado polo grupo de Joselito, a Banda de Música de Sober e un grupo de gaitas. O punto musical na noite porano o grupo de Joselito e Compostela.
 
O venres día 9 celebraranse as misas rezadas a partir das 11:00 horas e a tradicional misa solemne en torno ás 13:30 do mediodía. A sesión vermú correrá a cargo dun grupo de gaitas e da orquestra Poceiro, que tamén será a encargada de poñer o fin de festa pola noite.
 
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas, así como a todos os visitantes que se atopen na localidade eses días, a participar desta romaría “que conta cunha enorme tradición e está xa asentada no calendario do Concello soberino como un reclamo turístico que atrae a centos de visitantes todos os anos” .

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com