SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA CELEBRACIÓN DAS FESTAS DE LOBIOS



O goberno local do Concello de Sober colabora coa celebración das festas na parroquia de Lobios que terán lugar a fin de semana do 12 ao 14 de agosto.
 
A festividade dará comezo a noite do venres, día 12, cunha gran pancetada de confraternidade con queimada para todos os asistentes.
 
O sábado día 13 celebrarase unha misa solemne en torno ás 13:00 horas. A sesión vermú posterior e a verbena correrán a cargo da orquestra Bohemia.
 
O domingo 14 a xornada festiva comezará tamén cunha misa solemne, que será oficiada en torno ás 13:00 horas na igrexa parroquial. A orquestra Maracas Show será a encargada de amenizar a sesión vermú e poñer o punto e final á xornada festiva.
 
O luns día 15 celebrarase unha misa solemne na igrexa parroquial de Lobios acompañada de procesión e o martes día 16 oficiarase unha ceremonia relixosa na honra a todos os defuntos da parroquia.
 
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar desta festividade, así como a todos os visitantes que se atopen na localidade eses días.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com