SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
REMATADAS AS OBRAS DE REVESTIMENTO DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE SOBER



O Goberno local do Concello de Sober agradécelle á Xunta o investimento nas obras, que veñen de ser rematadas, de revestimento do pavillón municipal. A actuación, que contou cun presuposto de 45.000 euros, foi financiada pola Consellería de Educación.
 
O alcalde do municipio soberino, Luis Fernández Guitián, indicou que “os traballos realizáronse nas fachadas interiores e exteriores do edificio”. O rexedor avanzou tamén que “ao mesmo tempo fíxose unha porta de acceso directa aos vestiarios e abríronse fiestras de ventilación”.
 
Guitián salientou a importancia destas obras, pois recordou que “este pavillón municipal está ubicado nas instalacións do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober e é utilizado polos nenos e nenas da localidade para as actividades deportivas e extraescolares do centro”.
 
Guitián apuntou tamén que estas obras completáronse “co cambio de persianas no edificio de administración do centro escolar”.
 
Novas gradas e pintado da pista polideportiva
Pola súa parte, o alcalde soberino avanzou que o Concello ten previsto nas próximas semanas “dotar ao pavillón dun novo graderío e tamén se procederá ao pintado da pista polideportiva con materiais apropiados para este tipo de instalacións”.
 
Para estas obras o Concello conta cunha partida de 20.000  euros de fondos propios.
 
Guitián sinalou que “con esta remodelación Sober contará cun pavillón deportivo acorde ás necesidades actuais e poderán desenvolverse actividades deportivas de primeiro nivel nas nosas instalacións”.
O rexedor apuntou que “a mellora destas instalacións era unha prioridade do equipo de goberno local” e recordou que “xa se investiron no ano 2014 unha partida que sumaba un montante total de 75.000 euros para renovación completa da cuberta do edificio”.
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com