SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CELEBRARÁ A XXI EDICIÓN DA FEIRA DA ROSCA OS DÍAS 11 E 12 DE AGOSTO



O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián e o concelleiro José Quevedo Pérez, acompañados dos rosqueiros Moncho Álvarez e Teresa Rodríguez, presentaron esta mañá o cartel e o programa da XXI edición da Feira da Rosca que se celebrará os días 11 e 12 deste mes no municipio.
 
Tal como adiantaron dende o Concello (organizador do evento en colaboración con Queserías Prado, Artesanía de Galicia, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia) o programa deste ano “conta cun programa máis completo que noutras edicións ao incluír un amplo abano de actividades para todos os públicos”.
 
O rexedor soberino ensalzou “a importancia que ten esta cita, xa consolidada no noso calendario, para o municipio”. E engadiu que “despois de 21 edicións, a Feira da Rosca converteuse nun dos eventos con maior tradición da Ribeira Sacra a través do que podemos enxalzar os produtos da zona e a nosa saborosa rosca. Deste xeito conseguimos ademais manter vivo o traballo e a tradición dos nosos rosqueiros e rosqueiras”.
 
Guitián avanzou que a festividade arrancará o xoves, 11 de agosto, a partir das 13:00 horas coa celebración dunha festa acuática con inchables nas piscinas municipais.
 
Ademais, pola tarde, sobre as 19:30 horas presentarase a campaña de promoción do selo da leite de calidade galega 100%.
 
Xa pola noite, en torno ás 21:00 horas, procederase á apertura dos stands, situados na Praza do Concello. As 22:00 horas o grupo de música de folk de Ribas de Sil deleitará aos asistentes coa súa actuación e dará paso á degustación gratuíta de rosca con licor café entre o público.
 
A feira seguirá o día grande, o venres 12 de agosto a partir das 10:00 horas co disparo das bombas de palenque. Ás 10:15 horas abrirase as portas do recinto feiral e darase paso á actuación do grupo de música tradicional de San Clodio.
 
En torno ás 11.30 horas os nenos e nenas poderán desfrutar do espectáculo de maxia ‘Ilusións Ópticas’ a cargo do mago Romarís.
 
Ao mediodía, sobre as 13:00 horas, farase a tradicional degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo e o grupo de música tradicional de San Clodio animará de novo a xornada.
 
O alcalde soberino animou a todos os veciños e veciñas da localidade a participar desta festividade, así como á xente de toda comarca e aos visitantes que se atopen no municipio. 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com