SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER OFRECE DESDE HOXE WIFI GRATIS A TODOS OS USUARIOS DAS PISCINAS MUNICIPAIS



O Goberno local de Sober vén de instalar un módem nas piscinas municipais que desde hoxe permite que todos e todas os usuarios dispoñan dunha conexión de wifi gratuíta.
 
Para promover o seu uso entre os bañistas, o alcalde, Luis Fernández Guitián, anuncia a posta en marcha dun concurso de fotografías nas instalacións públicas municipais desde hoxe e ata que as piscinas pechen as súas portas, a finais de agosto.
 
Preténdese que os veciños e veciñas de Sober e todos os usuarios da Comarca que visitan as instalacións fagan as súas fotos e as compartan no Facebook oficial do Concello (https://www.facebook.com/concello.desober/ ), para o que será preciso empregar o hashtag @concello.desober/
 
Prohibidas as fotos de xente sen traxe de baño
Están permitidas todo tipo de imaxes agás aquelas nas que aparezan persoas sen traxe de baño, especialmente menores. O Goberno local busca ter un amplo álbum de fotos de grupo, reunión de amigos, familiares ou dos cursos e actividades que se desenvolven ao longo de todo o verán nas piscinas.
 
O alcalde anima aos participantes a facer fotos imaxinativas e divertidas que dean imaxe “de que o verán en Sober é unha festa continúa e o mellor plan que se pode ter”.
 
Gañará aquela fotografía que obteña máis ‘Gústame’ por parte dos seguidores do Facebook do Concello. Tamén será preciso que sexan seguidores da páxina oficial do Concello de Sober. O galardón será un bono familiar para as instalacións gratuíto para o ano 2017.
 
Todas as fotografías que sexan admitidas no concurso serán compartidas no Facebook oficial do Concello para que a xente poda premialas.
 
Ampliación do servizo wifi
O módem que o Goberno local instala nas piscinas municipais é portátil, polo que o rexedor avanza que se trasladará a outras instalacións deportivas municipais cando remate a temporada de verán, como o ximnasio ou o pavillón de deportes. Tamén se pode usar en concertos ou actividades ao aire libre.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com