SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
OS NENOS E NENAS DE SOBER DECORAN BARRICAS NO CURSO DE PINTURA QUE DEU COMEZO NAS PISCINAS



As instalacións das piscinas municipais de Sober acollen este verán un obradoiro de pintura destinado a todos os nenos e nenas da comarca.
 
O Concello de Sober organiza esta iniciativa que se enmarca dentro do programa das actividades da época estival que se levarán a cabo no municipio durante os meses de xullo de agosto.
 
O obradoiro, que comezou onte, é totalmente gratuíto para todos os usuarios e usuarias das piscinas municipais. Está impartido polo pintor italiano-arxentino, afincado en Amandi,  Alejandro Ciurluini e terá lugar todos os mércores en horario de tarde.
 
Na xornada inaugural participaron unha vintena de nenas e nenos que o pasaron en grande decorando barricas de viño, que representan un dos elementos mais representativos do concello soberino como é  o viño de Amandi.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, precisou que “esta iniciativa xorde despois do enorme éxito que tivo o I Concurso de decoración de barricas que o goberno local puxo en marcha na última Feira do Viño de Amandi”.
 
Guitián recordou “que hoxe en día esas barricas forman parte do mobiliario urbano de edificios públicos do municipio, como a oficina de turismo ou o propio Concello”.
 
O rexedor sinalou tamén que “esta actividade que puxemos en marcha é un incentivo máis para que os máis pequenos da comarca se acheguen a divertirse ás instalacións das nosas piscinas municipais”.
 
O alcalde anima a todos os nenos e nenas “a participar neste obradoiro co que, ao mesmo tempo que pasarán en grande, aprenderán as nocións básicas da pintura da man dun artista”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com