SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER COMEZA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO SANEAMENTO E DEPURACIÓN EN VILAMAIOR E TELLEIROS



O Goberno local do Concello de Sober comezou esta semana as obras de construción do saneamento e depuración de augas residuais en Vilamaior e Telleiros, na parroquia de Refoxo.
 
As obras contan cun presuposto de 70.000 euros aos que a Deputación de Lugo achega o 95% dos fondos.
 
A actuación comprende ademais a construción dunha depuradora no lugar de Cucarel.
 
O Goberno local prevé que os traballos estean finalizados no prazo dun mes. A empresa que realiza os traballos é Excavaciones Javier, con sede na parroquia de Anllo, no Concello de Sober.
 
O alcalde, o popular Luis Fernández Guitián, explica que o Goberno municipal está a facer unha aposta polo saneamento do rural, o que supón mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas, así como un compromiso claro e decido polas melloras medioambientais.
 
O equipo de Goberno seguirá a procurar fondos doutras administracións cos que proseguir a súa folla de ruta para que este tipo de actuacións cheguen a todas as parroquias do Concello.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com