SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA CELEBRACIÓN DA FESTA DOS MUÍÑOS DO XÁBREGA



 O Goberno local do Concello de Sober colabora coa celebración das festas dos Muíños do Xábrega que terán lugar o fin de semana do 2 e 3 de xullo.
 
A festividade comezará o sábado, día 2 de xullo, co tradicional xantar campestre no espectacular entorno dos Muíños. Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, os máis pequenos pasarano en grande cun contacontos e poderán participar en diversos xogos infantís. Ás 20:00 horas tocaralle a quenda aos adultos que se divertirán tamén cun contacontos.
 
A verbena na noite comezará ás 21:30 horas coa actuación de Nacho Dj, seguida da música de Kilimanjaro Dj e un concerto de Doc Magoo´s. A partir da unha da mañá os dous Djs animarán a festa conxuntamente.
 
Domingo
O domingo a xornada comezará tamén co tradicional xantar campestre. Despois desta multitudinaria comida de confraternidade, en torno ás 15:30 horas, Nacho Dj deleitará aos asistentes con outra actuación. A partir das 16:30 horas haberá xogos para todas as idades seguidos dunha animación musical a cargo de Ce Orquestra que porá o fin de festa, en torno ás 20:00 horas, ata o próximo ano.
 
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar desta festividade, así como a todos os visitantes que se atopen na localidade eses días e a coñecer e desfrutar dun entorno incomparable.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com