SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER LAMENTA O FALECEMENTO DA CENTENARIA AUREA PÉREZ LÓPEZ



O Goberno local do Concello de Sober amosa as súas condolencias pola morte aos cen anos de idade de Aurea Pérez López, natural de Casa Soutelo, de Bulso. O funeral desta veciña de Sober, que vivía co seu único fillo en Monforte, será o luns ás seis da tarde na Igrexa Parroquial de San Antonio, na cidade do Cabe. De seguido, será enterrada no cemiterio parroquial de Bulso.
 
Aurea Pérez era viúva de guerra do sarxento de infantería José Díaz Fernández, de Casa Maeso, de Gundivós-Vilapedre. O fillo, Severino Díaz Pérez é sacerdote das parroquias de Tor, Fiolleda, Baamorto, Seoane e San Julián de Tor.
 
O seu cadáver está a ser velado no Tanatorio Raúl, de Monforte.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, traslada no seu nome e no de toda a Corporación e veciños e veciñas o seu máis sentido pésame á famila.
 
Sober conta hoxe con 9 centenarios, 7 mulleres e 2 homes.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com