SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER AMOSA AS SÚAS CONDOLENCIAS POLA MORTE DE ALFONSO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ



O Goberno local do Concello de Sober amosa as súas condolencias pola morte aos 95 anos de idade de Alfonso González Fernández, cuxo enterro terá lugar esta tarde ás sete no cemiterio de Vilaescura. Os seus restos atópanse no Tanatorio Rivas de Sober.
 
Alfonso González Fernández foi director da Banda de Música de Sober a finais dos anos 80 e principios dos 90.
 
González Fernández era coñecido por O Casete. Iniciouse como músico na Banda de Música de Sober que dirixía nos anos 40 O Matela. Foi un destacado trompetista que exerceu como músico militar de primeira categoría.  Na súa xubilación volveu a Sober e substituíu á fronte da Banda e da Escola de Música de Sober a Tadeo Guitián e José Ramón López.
 
Alfonso faleceu en Vigo onde residía coa súa muller. O Goberno local traslada no seu nome e no de toda a Corporación o seu máis sentido pésame.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com