SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A ESCOLA DE HOSTALERÍA DE ROSENDE OFRECE 16 PRAZAS PARA DOUS CURSOS, UN DELES DE COCIÑA E OUTRO DE AXUDANTE DE SALA



O Goberno local do Concello de Sober colabora coa Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Rosende na busca de traballadores e traballadoras desempregados interesados en recibir formación sobre operacións básicas de cociña e operacións básicas de restaurante e bar.
 
En concreto, esta acción formativa promovida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta conta con 7 prazas libres no curso de cociña e 9 no de axudante de sala. En total ofértanse 30 prazas, 15 por cada unha das accións formativas.
 
Os interesados e interesadas en anotarse ao curso de cociña deben asistir á Escola de Hostalería de Rosende o martes 29 de xuño en horario de 09:00 a 14:00 horas. O seguinte martes será a quenda dos interesados no curso de axudante de sala. O persoal da Escola será o encargado do proceso de selección.
 
3 meses de formación
A primeira das actividades formativas, de operacións básicas de cociña, dará comezo o un de xullo e rematará o 10 de outubro en horario de 09:00 a 14:00 horas. A segunda, de operacións básicas de restaurante e bar, iniciarase o 13 de xullo e finalizará o 4 de outubro en horario de 09:00 a 14:00 horas.
 
Para poder acceder a estas accións formativas é preciso ter o certificado de escolaridade. Non se precisa nivel profesional ou técnico nin experiencia profesional.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima aos desempregados e desempregadas a participar nestas actividades que poden servir de ponte para atopar un posto de traballo no mercado laboral.
 
Para máis información. Rebeca 982460469/484.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com