|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA CELEBRACIÓN DAS FESTAS DA PARROQUIA DE ANLLO
O Concello de Sober colabora coa celebración das festas da parroquia de Anllo que terán lugar os días 10, 11 e 12 de xuño.
O venres día 10 celebrarase unha pancetada popular a partir das 21:00 horas amenizada polo dúo D’Cine.
O sábado 11 a xornada comezará cunha misa solemne, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Café Olé. Pola noite a verbena correrá a cargo do mesmo grupo e da orquestra Solara.
O domingo día 12 pola mañá oficiarase unha nova misa solemne con sesión vermú. A verbena da noite estará amenizada pola orquestra Saudade e o tradicional espectáculo de fogos artificiais porá fin a esta festividade.
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas do municipio a asistir a esta festividade na parroquia de Anllo.
|
|
|
|
|
|