SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER SACA ADIANTE UN PRESUPOSTO DE MÁIS DE 2,3 MILLÓNS DE EUROS NO QUE PRIMA O GASTO SOCIAL E AS INVERSIÓNS



O Goberno local do Concello de Sober sacou adiante na última sesión plenaria -celebrada o mércores- os presupostos do Concello, que supoñen un montante total de 2.350.000 euros. O rexedor do municipio, Luís Fernández Guitián, salientou o incremento da partida orzamentaria respecto á do ano anterior cuns “400.000 euros máis que a pasada anualidade na que se prima o gasto social e as inversións”.
 
O popular apuntou que “contamos cunha importante partida social, algo máis de 500.000 euros, na que se inclúen as axudas no fogar; un capítulo para emerxencia social e mantéñense as becas de transporte universitario”. Así mesmo, o popular quixo salientar que se reserva, por vez primeira, unha partida para a Escola Municipal de Teatro, así como un capítulo para colaboracións coas organizacións musicais do Concello e a compra dun piano de cola para o Auditorio da Casa da Cultura.
 
Con cargo ao capítulo do gasto social haberá tamén obras de mantemento para a gardería, a Casa da Cultura e o ximnasio. “Son uns orzamentos importantes onde priman principalmente as persoas, con 14 auxiliares de axuda a domicilio para o ano 2016”, engadiu o alcalde.
 
800.000 euros para inversións
O rexedor soberino destacou que a partida máis importante do presuposto son as inversións, con máis de 800.000 euros destinados “a actuacións en todas as parroquias, primando o rural”. Guitián apuntou que este capítulo conta “con axudas duns convenios extraordinarios firmados coa Deputación de Lugo e tamén con axudas directas da Xunta de Galicia”. O popular puntualizou que entre as actuacións contempladas “temos o mantemento de camiños, cunha partida de 117.000 euros do Plan de Camiños Rurais subvencionado pola Xunta con 98.000 e 19.000 euros que achega o Concello.  
 
O POS, para obras de saneamento
“A intención, explica o rexedor, é que o POS deste ano se destine a obras de saneamento. Temos 75.000 euros, máis 70.000 euros dun convenio coa propia Deputación; acometeremos tamén diversas actuacións como a sinalización de núcleos que estamos a facer xa; a reparación de unidades no Centro Sociocultural ou a creación dun aula de novas tecnoloxías, tamén isto con cargo a unha partida subvencionada nun 95% pola Deputación”.
 
“Haberá tamén unha partida moi importante de mellora de accesos a viñedos, cerca de 50.000 euros e tamén contemplamos a creación e dotación dun albergue municipal cunha partida de 20.000 euros”. Guitián engadiu que se destinarán 40.000 euros para a creación de áreas biosaudables e infantís en diversos puntos do municipio e tamén quixo destacar “a intención de adquirir o anterior edificio da Cámara Agraria para que pase a ser de titularidade municipal. Temos tamén a previsión de comprar terreos para facer un área de auto caravanas e a posta en valor do Castro de Sober que está na propia capital municipal”, concluíu.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com