SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA OBRA SOCIAL ‘LA CAIXA’ NUNHA GRAN RECOLLIDA DE LEITE A FAVOR DE BANCOS DE ALIMENTOS



O Goberno local do Concello de Sober colabora coa Obra Social ‘La Caixa’ na gran recollida de leite para a campaña ‘Ningún neno sen bigote’ a favor de Bancos de Alimentos. Así o acordaron o rexedor, Luis Fernández Guitián, e o director da Oficina de Monforte, Javier Rodríguez Mosquera.
 
Para colaborar con esta campaña de axuda á infancia pódese levar un cartón de leite, ou os que se queira, ao punto de recollida situado no Centro Sociocultural de Sober.
 
Os organizadores da campaña alertan que máis de 350.000 nenos e nenas do noso país non teñen acceso a un alimento tan básico como o leite. O que se pretende con esta iniciativa solidaria é, tal como explican, conseguir “que ningún neno quede sen bigote”.
 
A campaña estará activa ata o día 22 de maio, data na que se recollerán os cartóns entregados.
 
O rexedor convida a todos os veciños e veciñas a participar nesta iniciativa “que axudará a que aos nenos e nenas máis desfavorecidos poidan contar con este alimento básico na súa alimentación”.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com