SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER COMEZA O 19 DE MAIO A CAMPAÑA DE VACINACIÓN CANINA



O Goberno local do Concello de Sober inicia o día 19 de maio a campaña anual de vacinación da rabia, identificación e desparasitación canina. A campaña é voluntaria, pero recórdaselle aos propietarios de cans que, segundo o Decreto 90/2002, dende o ano 2002 é obrigatorio ter os animais identificados con microchip sen excepcións de ningún tipo.
 
Igualmente, dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008, establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans en Galicia. Este pasaporte está vinculado exclusivamente aos cans identificados legalmente con microchip.
 
A vacinación farase casa por casa, xa que está prohibida a concentración de cans. Os interesados deberán chamar ó número do veterinario:  689 10 35 94 o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia, sempre en horario de mañá.
 
Aqueles que xa estean vacinando os seus cans co veterinario do recorrido – e polo tanto estean incluídos no rexistro informático deste-, non necesitan chamar, xa que os seus cans xa son visitados regularmente noutras épocas do ano.
 
Os prezos son:
-Vacina Rabia+tratamento antiparasitario antihidatídico: 15€
-Implantación Microchip + Pasaporte oficial asociado(‘cartilla’): 33€
-Outras Vacinas ou Trámites: Preguntar ao veterinario.
 
O calendario da campaña será:
-Xoves 19 de Maio: CANABAL, VILAESCURA
-Venres 20 de Maio: ROSENDE, MILLÁN
-Luns 23 de Maio: REFOXO, SOBER, PROENDOS, LIÑARÁN
-Martes 24 de Maio: ANLLO S. ESTEVO, SAN MARTIÑO DE ANLLO
-Mércores 25 de Maio: FIGUEIROÁ, BOLMENTE, BARANTES
-Xoves 26 de Maio: SANTIORXO, PINOL, LOBIOS
-Luns 30 de Maio: AMANDI, DOADE
-Martes 31 de Maio: BULSO, STA.CRUZ BROSMOS
-Mércores 1 de Xuño: NEIRAS, GUNDIVÓS
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com