SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER DEDÍCALLE O MES DAS LETRAS A MANUEL MARÍA



 
O Goberno local do Concello de Sober dedícalle o Mes das Letras, maio, a Manuel María, escritor vinculado á Ribeira Sacra durante unha longa etapa da súa vida. Así, as actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal no marco das ‘Merendas con Contos’ dos venres serán unha homenaxe ao chairego.
 
A programación dará comezo o venres día 6 de maio co contacontos O poeta do Miño a cargo de Polo Correo do Vento, unha actividade que forma parte do programa Ler Conta Moito, promovido pola Xunta de Galicia.
 
O mesmo día inaugurase na Casa da Cultura a Exposición de Martínez Coello ‘48 momentos’, Alejandro Ciurluini e Cándido Caneiro. A mostra estará aberta ao público do 6 de maio ao 30 de xuño.
 
O día 13 de maio será a data de celebración das Letras Galegas cun concerto da Escola Municipal de Música de Sober no que haberá música en movemento, unha actuación do coro infantil, do Coro Berea e da Banda Xuvenil. Con este concerto afondarase tamén na figura e na obra de Manuel María.
 
O día 20 de maio os nenos e nenas que participan nas Merendas con Contos asistirán a unha sesión de cine. E o venres 27 de maio farase a entrega de premios do Certame das Letras Galegas de narración e debuxo infantil. A tarde acabará cunha merenda para todos os participantes.
 
Todas as actividades se celebrarán na Biblioteca Pública Municipal os venres ás 17:30 horas, agás a sesión de cine.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com