|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER REMATA AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DA PRAZA DO CAMPO DE PINOL
O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar con cargo á Area de Rehabilitación Integral (ARI) e co financiamento do Ministerio de Fomento e da Consellería de Infraestruturas e Vivenda as obras de urbanización da Praza do Campo de Pinol.
En concreto, a intervención na Praza consistiu na mellora do pavimento que rodea a praza e o cruceiro, a colocación de mobiliario urbano para o uso dos veciños e veciñas, así como a instalación de luminarias novas.
Tamén se están a levar a cabo melloras de espazos urbanos na contorna do Cruceiro da Pena de Proendos, na contorna da capela de Mer, na Praza de Rosende e no lugar de Naz. O alcalde, o popular Luis Fernández Guitián, avanza que proximamente se executarán obras de urbanización e posta en valor da Praza de Igrexa de Bolmente e do lugar de Outeiro, nas parroquias de Proendos e Arroxo.
O rexedor explica que son, todas elas, actuacións executadas por empresas da localidade. Fernández Guitián asegura que estas obras confirman o interese, a preocupación e a aposta do seu equipo de Goberno polo rural e pola mellora de todos os núcleos de Sober.
Con cargo ao ARI xa se executaron traballos similares de urbanización na Praza de Doade e na Rúa da Estación de Canabal. O importe total destinado a estas actuación é de preto de 200.000 euros.
Resumo
2015 |
Xa rematadas: Praza de Doade e Rúa da Estación de Canabal
|
2016 |
Xa rematadas: Praza do Campo de Pinol e Espazo de lecer en Naz.
|
2016 |
En obras actualmente: Praza de Rosende, contorna da Capela de Mer e contorna do cruceiro de A Pena de Proendos.
|
2016 |
Próximas a executar: Praza da Igrexa de Bolmente e Rúas do lugar de Outeiro entre as parroquias de Proendos e Arroxo.
|
|
|
|
|
|
|