SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER CELEBRA O SÁBADO DÍA 30 O RECITAL ‘SOBER CANTA’ NO QUE SE PRESENTARÁ AO NOVO GRUPO DE CORO



A localidade de Sober acolle o vindeiro sábado día 30 de abril a celebración do recital ‘Sober Canta’, que dará comezo ás 19:30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural.
 
No acto presentarase o novo grupo de coro de adultos do municipio soberino que se formou este ano nas clases de canto dos xoves. Esta nova agrupación naceu baixo o nome de ‘Coro Berea’ e está formada por unha vintena de integrantes. O coro naceu nas clases de canto dos xoves da Escola Municipal de Música.
 
No acto tamén haberá un concerto de canto no que actuarán todos os grupos vocais que forman parte da Escola Municipal de Música de Sober (EMMS). Os nenos e nenas das clases de música e movemento e o coro infantil da EMMS deleitarán ao público coas súas voces.
 
O recital será de entrada gratuíta e poderán asistir todos os veciños e veciñas que así o desexen. O alcalde, Luis Fernández Guitián, convida a toda a veciñanza a formar parte do evento.
 
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com