SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CULMINA A RENOVACIÓN DO 70% DA ILUMINACIÓN DO MUNICIPIO



 
O Goberno local do Concello de Sober conta nestes momentos cun 70% da súa iluminación renovada. A localidade está acometendo importantes obras de reforma de alumeados públicos con cargo a aforro no consumo dos últimos anos. Cos 60.000 ingresados este ano por Gas Natural Fenosa están acometéndose traballos en máis dunha vintena de pobos de 10 parroquias.
 
O rexedor subliña que foi un dos obxectivos do seu equipo de Goberno desde o primeiro día, reformar as instalacións eléctricas das parroquias para intentar, nun principio, aforrar e mellorar as instalacións que estaban obsoletas. Guitián explica que se fixo unha reclamación ante a compañía Fenosa grazas á cal devolveron preto de 90.000 euros cobrados de máis para o consumo de enerxía reactiva.
 
Luis Fernández Guitián  indica que os traballos se iniciaron cambiando as farolas anteriores, de mercurio e sodio,  por unhas de haluxenuro e agora estanse a cambiar por leds. O ingreso de Fenosa de 60.000 euros en 2016 e 19.000 euros en 2015, permite que se estean a executar traballos nas 22 parroquias que ten o Concello.
 
En concreto, renováronse por completo con cambio de luminarias a LED todos os lugares da parroquia de Millán, ademais de Froxán e Mer, en Proendos, e Fontemaior, en Lobios. Cambiouse a haluxenuro Vilamaior en Refoxo, O Barreal, A Pena e San Martiño, en San Martiño de Anllo Sante de Arriba, Sante de Abaixo, Lamas de Arriba e Lamas de Abaixo, en Bulso e Vilela, en Arroxo.
 
Tamén se cambiaron as farolas do xardín infantil e alameda de Sober e instalouse iluminación en catro lugares que non tiñan: Portabrosmos en Pinol,  Corvelle en Proendos,  Casa do Monte en Santiorxo e Ousille en Gundivós.
 
Así, nos últimos 4 anos reformouse integralmente preto do 70 por cento do alumeado público das 22 parroquias do Concello con unificacións, cambio de luminarias a LED ou haluxenuro, colocación de reloxos astronómicos e adaptación de termos de potencia, o que significa un gasto medio anual un 40 por cento inferior a hai catro anos a pesar do incremento do prezo da enerxía.
 
“Estamos a facer melloras moi importantes que afectan ás 22 parroquias do Concello e imos seguir nesta liña para renovar o 100% do alumeado”, explica o alcalde. O que se persegue con esta actuación é un triplo obxectivo: o aforro enerxético, a mellora da iluminación para a veciñanza e obter unha menor contaminación lumínica.
 
As obras foron posibles grazas a axudas da Consellería de Industria e fondos propios municipais. A Deputación provincial tamén axudou co cambio de lámpadas en varios lugares.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com