|
|
NOVAS |
UXÍA TRAIL BATES FAISE CO PREMIO DO II CERTAME DE DEBUXO INFANTIL DA FEIRA DO VIÑO DE AMANDI
O Goberno local do Concello de Sober vén de fallar o II Certame de debuxo infantil da Feira do Viño de Amandi cuxo premio recaeu en Uxía Trail Bates do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.
O Concello de Sober, ao igual que fixo o pasado ano, empregará o deseño elaborado pola alumna para facer chapas que xa se entregaron aos participantes e se darán tamén o 19 e o 20 de marzo entre os asistentes á XXXVI Feira do Viño de Amandi. En total faranse 400 chapas.
O concurso deste ano contou coa participación de 34 nenos e nenas do Colexio Ferroviario de Monforte e do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.
Este certame únese a outros postos en marcha polo Concello de Sober con motivo do Mes do Amandi, como o I Concurso de deseño de barricas, aínda pendente de fallo, e o concurso para elixir o cartel anunciador da Feira do Viño, que nesta edición gañou de novo Andrea Rodríguez.
|
|
|
|
|
|