SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER RECIBE 30 CARTEIS PARA O CONCURSO DA XXXVI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Concello de Sober agradece a alta participación no concurso do que sairá o cartel que anuncie a XXXVI Feira do Viño de Amandi. Este ano o Goberno local recibiu 30 carteis dentro de prazo, un número similar aos que participaron no certame o pasado ano. O traballo gañador coñecerase o día 20 de febreiro na contorna dos Muíños do Xabrega, cando se presenten todos os actos que formarán parte da feira na edición deste ano, que terá lugar o 19 e 20 de marzo.
 
O rexedor, Luis Fernández Guitián, subliña que o concurso “ten xa carácter nacional”, posto que se recibiron carteis de diferentes puntos da xeografía española. En concreto, chegaron exemplares de Valencia, do País Vasco, de Cataluña ou Castela-León, así como da Ribeira Sacra e doutras zonas de Galicia.
 
O gañador farase cun premio en metálico de 600 euros. Os deseños debían reflectir, tal e como recollían as bases, o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no patrimonio e cultura da localidade. O deseño gañador será empregado como cartel anunciador da XXXVI Feira do Viño de Amandi, así como nos programas de man.
 
O equipo de Goberno fará unha exposición con todos os traballos presentados ao concurso. Inaugurarase o 19 de marzo, coincidindo coa apertura da XXXVI Feira do viño de Amandi, e permanecerá aberta ata o 20 de abril.
 
O día 20 de febreiro o Concello de Sober dará a coñecer tamén as actividades que se enmarcan no Mes do Amandi.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com