|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER CULMINA A RENOVACIÓN DE 20 MARQUESIÑAS
O Goberno local do Concello de Sober culmina a renovación de 20 novas marquesiñas. As nove últimas acometéronse, ao igual que as anteriores, grazas ao traballo executado polos alumnos de carpintería do obradoiro de emprego concedido pola Xunta e que a localidade comparte cos Concellos de Pantón e O Saviñao nas súas diferentes fases.
O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que está previsto seguir renovando todas as antigas, así como colocar as que se consideren necesarias.
As últimas foron colocadas en Canabal, Sistindomato, A Vacariza, A Boca, Santa Cruz de Brosmos, O Castro de Liñarán, O Noguedo, Barantes e Santiorxo. Todas elas levan o nome do lugar onde foron instaladas e todas cumpren coa normativa para persoas con discapacidade ao incorporar rampla de acceso.
|
|
|
|
|
|