SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CREA O I CONCURSO DE DECORACIÓN DE BARRICAS CON MOTIVO DA XXXVI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Goberno local do Concello de Sober crea o I Concurso de Decoración de Barricas con motivo da XXXVI Feira do Viño de Amandi. As bases, que vén de facer públicas na súa páxina web –www.concellodesober.com- explican que os interesados en participar se deben anotar antes do día 10 de marzo.
 
Deben facer chegar os seus datos persoais e os materiais que empregarán para decorar a barrica, a través do correo ordinario ou anotándose no propio Consistorio. O Goberno local porá a disposición dos anotados os materiais e a barrica sobre a que elaborar os seus deseños que, de xeito obrigatorio, deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no patrimonio e a cultura de Sober e da Ribeira Sacra.
 
Poderán participar ata 30 persoas maiores de idade. A selección farase por estrita orde de inscrición, aberta ata o día 10 de marzo. Todos os participantes recibirán como agasallo un diploma acreditativo de ter participado no concurso, así como un lote de botellas de viño de Amandi. Haberá dous gañadores, un deles recibirá 300 euros e o segundo, 100 euros. Os seus traballos serán expostos no acto inaugural da XXXVI Feira do Viño de Amandi.
 
Os demais decorados seleccionados formarán parte do inmobiliario da Feira do Viño e das casetas dos adegueiros. Tras a celebración da feira, o Goberno local incorporaraos nos seus edificios públicos, entre eles, na Casa do Concello, no colexio, no PAI, no centro de saúde ou na piscina, entre outros, como un modo de promocionar a Ribeira Sacra e o sector do viño de xeito permanente.
 
A técnica de decoración será libre, aínda que o Concello pide que sexan traballos orixinais. En función do número de participantes o Concello de Sober decidirá se cada un deles decora unha ou dúas barricas. Todos os anotados serán chamados a semana antes da feira para que fagan os seus traballos na propia localidade. “Imos converter o noso Concello nun espazo para a creación artística a semana previa á feira”, explica o rexedor.
 
Outras accións promocionais da localidade
Esta non é a única acción que ten posto en marcha o Concello de Sober para dar a coñecer e publicitar a feira, a localidade e o traballos dos adegueiros e adegueiras da Ribeira Sacra. Tamén segue aberto o concurso de carteis para promocionar a edición da Feira do Viño de Amandi deste ano. Anteriormente o Goberno local fixo un concurso de fotografía da vendima en Amandi, así como un concurso de selfies na feira do pasado ano.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, pon en valor “o empeño do Concello para que a Feira do Viño de Amandi, a nosa localidade e a Ribeira Sacra no seu conxunto acaden un lugar destacado no mapa turístico internacional”, resume.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com