SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONVOCA UN CONCURSO PARA ELIXIR O CARTEL ANUNCIADOR DA XXXVI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



A XXXVI Feira do viño de Amandi celebrarase os días 19 e 20 de Marzo de 2016 coincidindo como dende a súa primeira edición coa fin de semana do domingo de Ramos. O Goberno local do Concello de Sober preparará un ano máis diversas actividades enmarcadas no denominado ‘Mes do Amandi’ que se iniciarán coa presentación do cartel anunciador e o programa de actos, evento que terá lugar o día 20 de febreiro nun lugar turístico destacado do Concello de Sober.
 
Así, o Goberno local convoca un concurso de deseño gráfico co fin de elixir o cartel anunciador da XXXVI Feira do Viño de Amandi.. Os interesados en formar parte poderán presentar os seus traballos desde o luns e ata o último día de xaneiro. O gañador farase cun premio en metálico de 600 euros.
 
O Goberno local vén de facer publicas as bases que rexen o concurso e que xa se poden consultar na web municipal www.concellodesober.com.
 
Os traballos deben presentarse en formato A3 e a técnica é libre. Deberán ser presentados en soporte ríxido para facilitar a súa exposición e só se pode presentar un cartel por autor ou autora.
 
As bases recollen ademais que os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no patrimonio e cultura da localidade. O deseño gañador será empregado como cartel anunciador da XXXVI Feira do Viño de Amandi, así como nos programas de man. Os restantes carteis presentados poderán ser expostos se o Concello así o considera.
 
Todos os traballos poderán ser entregados no Concello de Sober desde o luns e ata o 31 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
 
Reunión cos adegueiros
O Goberno local convocará antes do 15 de xaneiro a primeira reunión cos adegueiros para abordar os preparativos e detalles da XXXVI Feira do Viño. Tamén se fixará a data para participar na feira e darase conta das primeiras novidades para a edición deste ano.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com