SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
OS NENOS E NENAS DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME DE SOBER, FINALISTAS DUN CONCURSO DE CONTOS A NIVEL NACIONAL



O Goberno local do Concello de Sober felicita aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme que veñen de ser seleccionados como un dos cinco finalistas a nivel nacional do concurso de contos: "Un juguete, una ilusión". O rexedor, Luis Fernández Guitián, agradece o traballo dos alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria e dos seus mestres que “co seu bo facer levan o nome de Sober por todo o territorio nacional”.
 
Amais do voto do xurado os concursantes precisan dos votos de todos aqueles que queiran apoialos. Por iso, desde o Concello de Sober anímase a todos os veciños e veciñas a entrar na páxina www.unjugueteunailusion.com/concurso-de-cuentos/para trasladar o seu apoio aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.
 
Para poder emitir o voto hai que despregar o menú Cuentos finalistas primer ciclo e votar polo CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. Pódese votar unha vez por dispositivo (tablet, móbil, pc).
 
Temática do conto
O conto que presentaron os nenos e nenas de Sober leva por título Todos contra el cambio climático. Primeiro tiveron que facer un traballo de investigación nas redes sobre o cambio climático e as súas consecuencias e despois inventaron o conto, redactárono e ilustrárono. O 9 de decembro coñeceranse os gañadores.
 
http://www.unjugueteunailusion.com/wp-content/uploads/2013/09/Primer-ciclo.-CEIP-Plurilingue-Virxe-do-Carme.pdf

 
 
 
Os organizadores
“Un juguete, una ilusión” é unha campaña solidaria creada no ano 2000 por Radio Nacional de España e a Fundación Crecer Jugando, que nace co obxectivo de enviar xoguetes a países con escasos recursos e a organizacións non gubernamentais que traballan en proxectos de cooperación e de atención á infancia. Está baseada no neno, especialmente aqueles dos países máis desfavorecidos, a quen ninguén ofrece a posibilidade de xogar con xoguetes novos por falta de recursos.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com