SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER BAIXA A TAXA DO IBI EN MÁIS DUN 25%



O Goberno local do Concello de Sober aprobou onte en sesión ordinaria de Pleno unha baixada do tipo impositivo do IBI de cara 2016 que quedará no 0,52% para inmobles urbanos e do 0,48% para rústicos. Este descenso supón, tal e como explicou o rexedor, unha baixada de máis dun 25% de redución na contribución con respecto ao 2015. Ata o de agora os tipos de gravame atopábanse no 0,66% en urbana e 0,55% en rústica.
 
O equipo de Goberno fixo esta proposta tendo en conta a recente regularización catastral que trae consigo a alta de numerosas construcións ata agora non dadas de alta e tamén importantes reformas ou ampliacións, noutros casos.  Con esta importante baixada os veciños e veciñas de Sober non sufrirán subas significativas no recibo da contribución e, en moitos casos, haberá baixadas de preto dun 30 por cento.
 
A ordenanza recolle diversas exencións ou cotas reducidas, entre outras un 90%. O equipo de goberno está aberto ademais a novas baixadas de acordo cos ingresos que o IBI xere a partir de 2016. Por outro lado, tamén se poderá compensar o IBI a persoas ou familias con dificultades económicas e previo informe dos servizos Sociais do Concello.
 
Outros acordos
No pleno de onte, amais do sorteo dos membros das 8 mesas electorais, aprobouse unha moción contra a violencia de xénero por unanimidade.
 
Deuse luz verde á adaptación da nova Lei de Vivenda a ordenanza da Área de Rehabilitación Integral de Sober. Igualmente se adaptou a ordenanza municipal de terrazas ás recomendacións do Consorcio de Turismo en canto a estética e lugares turísticos.
 
Por último, nomeouse a Comisión municipal para o deslinde con Monforte que está citada polo Instituto Xeográfico e a Dirección Xeral de Administración Local para o 3 de decembro no Salón de actos do Concello de Sober. A esa reunión asistirá a comisión que forme o Concello de Monforte e técnicos do Instituto Xeográfico Nacional e da Dirección Xeral de Administración Local.
 
No caso de Sober a comisión está formada polo alcalde, os portavoces do PSOE e Agroma Sober, dous veciños de Neiras e o técnico municipal de Urbanismo.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com