SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER PON EN MARCHA OS ‘XOVES DE CANTOS’



A dirección da Escola Municipal de Música de Sober acordou a posta en marcha dun grupo de canto para adultos, que denomina ‘Xoves de cantos’ cuxa actividade dará comezo o vindeiro xoves 5 de novembro. Polo de agora xa hai preto de vinte persoas anotadas.
 
Segundo explica a directora, Laura Rodríguez, o que se pretende é reunir á xente que lle guste cantar para compartir as tardes do xoves. “Completamos así a oferta musical para adultos que se presta desde a Escola”, engade. A actividade desenvolverase no Centro Sociocultural a partir das 18:30 horas.
 
Os adultos que participen poderán cantar aqueles estilos que máis lles gusten, sen cinguirse a un en concreto. “Non pretendemos que sexa xente que xa saiba cantar nin que o faga de xeito profesional, senón que compartan unha tarde cantando o que eles prefiran”, apunta a directora.
 
Os interesados e interesadas en obter máis información poden chamar aos números de teléfono 982460513 ou 617506319.  
 
Outras novidades
A Escola incorpora este ano como novidade ensinanzas de danza galega. Os nenos e nenas de 3 a 6 anos terana incluída de xeito gratuíto dentro da matrícula de música e movemento.
 
Ademais, a Escola ofrece clases de frauta traveseira, bombardino, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, batería, guitarra e linguaxe musical. Tamén se imparten ensinanzas de música e movemento a partir dos tres anos e música para adultos, así como a posibilidade de formar parte do coro infantil.
 
O centro forma grupos instrumentais e os alumnos e alumnas poden participar na banda xuvenil.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com