SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER MANTÉN ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA ATA O 30 DE SETEMBRO



A Escola Municipal de Música de Sober prolongará ata o día 30 de setembro o prazo de matrícula. O inicio do curso, a presentación oficial e a recollida de horarios farase o 3 de outubro ás 12:00 do mediodía no Centro Sociocultural.
 
A Escola incorpora este ano como novidade ensinanzas de danza galega. Os nenos e nenas de 3 a 6 anos terana incluída de xeito gratuíto dentro da matrícula de música e movemento.
 
Ademais, a Escola dará clases de frauta traveseira, bombardino, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, batería, guitarra e linguaxe musical. Tamén se ofertan ensinanzas de música en movemento a partir dos tres anos e música para adultos, así como a posibilidade de formar parte do coro.
 
O centro formará grupos instrumentais e os alumnos e alumnas poden participar na banda xuvenil.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que o obxectivo principal da Escola Municipal de Musica de Sober é “formar educando aos alumnos e alumnas para a súa posterior incorporación á Banda de Musica de Sober, a principal entidade musical da Comarca”.
 
Os interesados en anotarse poden pedir máis información no Centro Sociocultural en horario de 10:00 a 14:00 horas ou nos números de teléfono: 982.460.513 e 617.551.299.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com