SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER CELEBRA OS DÍAS 7, 8 E 9 DE SETEMBRO A ROMARÍA DE CADEIRAS



O Goberno local do Concello de Sober colabora coas Festas na honra á Virxe dos Remedios e a Romaría de Cadeiras que se van celebrar os días 7, 8 e 9 de setembro.
 
A celebración comeza o luns día 7 coa subida da Virxe ao Santuario de Cadeiras, ás 20:00 horas. De seguido haberá verbena coa Orquestra Los Almirantes.
 
O día 8 haberá misas rezadas a partir das 11 da mañá e misa solemne ás 13:30 horas. O baile do mediodía correrá a cargo da Banda de Música de Sober, da Orquestra Bohemia e dun grupo de gaitas. Á noite haberá verbena coas Orquestras Bohemia e Israel Espectáculo.
 
O mércores día 9 repítense as misas rezadas a partir das 11 da mañá e a misa solemne ás 13:30 horas. O baile de mediodía que porá fin á festa correrá de cargo da Orquestra Poceiro e dun grupo de gaitas.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, pon en valor a celebración “dunha das festas con máis tradición da localidade”, polo que anima a asistir a todos os veciños e veciñas, así como aos devotos e devotas que cada ano se achegan a Sober por estas datas.
 
Visita do barco Muralla de Lugo
O martes estará no recinto o Barco Muralla de Lugo a través dunha colaboración entre o Concello de Sober e a Deputación provincial.
 
O Barco Muralla achega boa parte da riqueza patrimonial, natural e histórica da provincia. Conta con todo tipo de información medioambiental e mobiliario e material náutico que foi doado gratuitamente por las confrarías de pescadores de A Mariña e  o Concello de Viveiro. Ademais, os visitantes poderán coñecer, mediante unha exposición de imaxes, algunha das fotografías máis emblemáticas da provincia.
 
A embarcación, que la Deputación traslada pola xeografía lucense, pesa 3.500 quilos y conta cunha dimensión exterior total de 12 metros de largo e 5 de alto.
 
O seu interior está dotado con ordenadores e todo tipo de información medioambiental para que as persoas que o visiten comprendan mellor o espazo e riqueza natural da provincia. Ademais, nel pódense atopar redes, nasas, luces, salvavidas, barómetros, equipos de localización de buques, radio balizas de pesca ou balsas de salvamento orixinais, e que no su día se empregaron no traballo realizado nos barcos mariñaos.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com